domingo, 13 de janeiro de 2008

A noria!

Sábado a noite na casa en Compostela, acendo a tv e aí está a noria, ese divertidisimo( ou non) programa de tele5. Cando chega o debate sobre a familia xa é un alucine, e vai o presentador e se "CHANA"(nada mellor que o vocabulario coruñes) dicindo que esta mesa de debate en fifty-fifty... e que claro representa "LAS DOS ESPAÑAS"... nada, facendo mención dos beatles, isto sería un welcome to the civil war(welcome to the USSR). 

O mellor de todo foi o debate e sobre todo o tipo este se "elplural.com" que na mesa me parece que o colocan como de esquerdas... a verdade que a difernecia entre a esquerda e dereito española, incluso galega cada dia se ve máis difuso, e máis ainda cando sae o Sr. Quintana dicindo que non vai facer referendo como Ibarretxe "porque o BNG non é un partido independentista" a verdade que era hora que dixera iso, pero tamén lle faltou nin soberanista, nin de esquerdas, a todo caso, ao máis puro estilo rexionalista. 

Pois indo ao tema o debate era "Sobre a familia". De como certo sector social sintese "maltratado" porque o goberno socialista non apoia a familia. A miña gran sorpresa tamén digo "inorancia" de que estes sectores sociais non consideren digamos as "asociacións" nai/pai solteira e fillos, unións de convivencia, matrimonio homosexual, familia. Para min, a familia non é máis que a convivencia entre persoas, que se apoian as unhas a outras e que por necesidade ou por querer, non teñen porque ter relacións sexuais "outro punto", conviven xuntos. O máis gracioso é o que dicen que se sinten maltratados, que intentan tirar a familia, que eles respetan aos homosexuais "pero non queren permitirlle que se case", ao resto de familias "pero que non sexan amparadas, nin axudadas, nin recollidas", pero respetan todo, e q as súas opinións son válidas. Pois non, perdoade, porque as vosas ideas queren deixar aos demáis sen dereitos, acaparando vos todos, non escoitei a un homosexual dicir que non deixaran casar aos heterosexuais, nin que eles non foran familia,...

A razón da lista de turno na mesa, " claro, como son una minoria social",... lle faltou dicir que como son minoria, os gaseamos, os matamos,... ou algo polo estilo. A única frase salientabel do debate, foi o do plural cando dixo, "aqui hay muchas sensibilidades y solo se recogen dos". 

Sin máis... e algo divertido, invítovos a visitar a web do www.ijam.es... moi bo!!

1 comentário:

Anónimo disse...

Moi bo o de ijam!