segunda-feira, 7 de janeiro de 2008

un minuto a reflexión

Hoxe apareceron en diversos medios de comunicación noticias sobre os detidos os detidos o día de reis de ETA(omitamos os calificativos que tan frecuentemente usan os medios), e que presuntamente podia haber malos tratos(eu diria tortura a un deles). A verdade que o que lin o dia seguinte, e sobre todo despois de ler este informe médico quedei alucinado. Moitas veces escoitamos falar da tortura, xa non a tortura psicolóxica dado que sabemos que esa é unha das prácticas frecuentes, pero non se sabe tanto da tortura física. Fai uns anos amnistia internacional sacaba conclusións e lle daba ao Estado español un anuncio conforme revisará nas súas comisarias, xa que habia tortura, a resposta do secretario de estado foi negar todo, e dicir que eso era unha persecución. Despois sairon varios casos, entre o falecido misteriosamente nun cuartel da guardia civil,etc. Pero esto xa é unha imaxe lamentable, é triste que un estado que fala de democracia, de estado de dereito e de respeto a constitución fale de estas cousas cando nin el mesmo as cumple. A verdade que tería que ser un dia moi triste para os demócratas, para os que sinten nun estado de dereitos e liberdades e o que me atopo ao ler os comentarios dos periódicos é ao revés. A xente ainda ve normal estes casos de tortura ainda lles parece xustificado... se algúns tiñan claro que uns eran covardes e terroristas por asasinar coa cara tapada e pola espadalda... non sei mellor se serán outros mellores por torturar a xente maniatada...

Cada dia sinto máis repulsa cara unhas institucións completamente anquilosadas e sucio, é preciso máis transparencia... so opino que debiamos de formar medios máis plurares e abertos non servilistas completamente a intereses.

Maña sairá algun na tele "jactándose" da súa españolidade...

Sem comentários: