domingo, 10 de fevereiro de 2008

Todos en campaña

Xa que todos estamos en campaña eu non vou ser menos, así que vou facer un lista, comezando polo PP de porque non debes votalos:
1.- Se es Médico: Acusaranche de mala praxe, homicida, xa que abren procesos xudiciais con denuncias "sen firmar" creando dor no doente e no médico a práctica de medicina defensiva.

2.- Se es estudante de medicina: Nada se fala nin se entende sobre o que pensan facer nas faculdades. Igual que a ministra?

3.- Se es imigrante: Faranche firmar un contrato polo cal poderás ser expulsado se non respetas a "culturilla española"

4.- Se non es Castelan-parlante: Pensan reformar as leis lingüísticas porque segundo eles non se respeta o castelan e tamén reformar a lei educativa para que as comunidades autónomas non teñan competencias para os temarios das materias.

5.- Se es demócrata: Senado? tribunal supremo? 

6.- Se non cres nun estado centralista: Queren fortalecer a posición do estado dado que segundo eles españa se rompe.

7.- Se es gai/lesbiana: Desreformar a lei do matrimonio homosexual?? Non deixar adoptar... segundo algún dos seus amigos serás considerado enfermo.

8.- Se cres en políticas sociais: Bolsas de estudo?? 

9.- Se cres que o mundo non se vai autodestruir: A economía vai ir a pique.

10.- Se non te consideras extremista: Bye-bye Gallardón.

11.- e moitas máis... deixade nos comentarios se alguen lee