domingo, 10 de fevereiro de 2008

Todos en campaña

Xa que todos estamos en campaña eu non vou ser menos, así que vou facer un lista, comezando polo PP de porque non debes votalos:
1.- Se es Médico: Acusaranche de mala praxe, homicida, xa que abren procesos xudiciais con denuncias "sen firmar" creando dor no doente e no médico a práctica de medicina defensiva.

2.- Se es estudante de medicina: Nada se fala nin se entende sobre o que pensan facer nas faculdades. Igual que a ministra?

3.- Se es imigrante: Faranche firmar un contrato polo cal poderás ser expulsado se non respetas a "culturilla española"

4.- Se non es Castelan-parlante: Pensan reformar as leis lingüísticas porque segundo eles non se respeta o castelan e tamén reformar a lei educativa para que as comunidades autónomas non teñan competencias para os temarios das materias.

5.- Se es demócrata: Senado? tribunal supremo? 

6.- Se non cres nun estado centralista: Queren fortalecer a posición do estado dado que segundo eles españa se rompe.

7.- Se es gai/lesbiana: Desreformar a lei do matrimonio homosexual?? Non deixar adoptar... segundo algún dos seus amigos serás considerado enfermo.

8.- Se cres en políticas sociais: Bolsas de estudo?? 

9.- Se cres que o mundo non se vai autodestruir: A economía vai ir a pique.

10.- Se non te consideras extremista: Bye-bye Gallardón.

11.- e moitas máis... deixade nos comentarios se alguen lee

5 comentários:

Tami disse...

Estou segura, segurísima de que son capaces de volver a poñer tódolos símbolos franquistas, Subir os prezos dos pisos de...canto era? 30 metros cadrados?, Prohibir o aborto,recortar liberdade de prensa, seguir financiando a Igrexa como tan ben se fixo toda a **** vida...En fin...

Todas esas cousas tan democráticas ás que nos teñen acostumados...

Aiii, ó final, pechei o fotolog e Jon e Carlos axudáronme a abrir un blog, jajaja,

Bueno peque, Un biquiño forte!!

Anónimo disse...

Xa sabes de sobra o que penso sobre o PP non?, poñenme dos nervios a cantidade de tonterias por minuto que son capaces de dicir, e o peor de todo...e q o dia seguinte todavia son capaces de superar a burrada do dia anterior...
Non entendo esa forma tan arcaica que teñen de pensar, o meu voto non o gañan nin mercandoo!

Anónimo disse...

non vos enghañar o PP son uns pallasos, q se van de demócratas porque agora non se poden ir coas armas e coa sotana no púlpito.

pero a democracia non é a solucion a nada, só ao aproveitamento do demagogo, do mais mentirán.

uis uis, anarcas na fac de historia""
e en medicina, pa cando?

eskarrikasko,
asina: undemera

Anónimo disse...

aber si renuevas esto un poco vagoooooooooooo

suert en el examn dl viernes!!

Anónimo disse...

sabes o que e realmente importante!?